ABE E DIGAME ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN
- O presidente da ABE asinou esta mañá o acordo
- Dende hoxe as empresas asociadas poden acollerse a el e acadar diversos descontos en servizos de telefonía
- Este convenio únese ao resto de convenios que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden consultar na web www.abe.gal
Boiro 1 de xuño de 2023
O presidente da patronal Boirense, Daniel García asinou na mañá de hoxe un convenio de colaboración coa empresa asociada Díxome especializada en telefonía en virtude do cal as empresas asociadas poden acadar diferentes vantaxes.
No acto participou Susana Raña, unha das socias da compañía que explicou que “os descontos que poden acadar os socios da ABE son un 8% nos operadores Yoigo e Masmovil e de 5€ mensuais en Vodafone, Orange, O2 e jazztel, en canto ao operador R telefonía o desconto mensual chega ata os 10€”
Respecto ao funcionamento detallou que “Os descontos mensuais pagaranse ao asociado no momento que reciba a primeira factura completa da compañía contratada. Realizaranse nun solo pago co desconto dos 12 meses “
Dígame é axente dixitalizador e está habilitada para tramitar as axudas do Kit Dixital que fan a custe cero para o cliente, dende a fase de asesoramento ata a de solicitude.
O presidente indicou que “Este convenio únese ao resto de convenios que a asociación ten a disposición dos socios e que se poden consultar na web www.abe.gal”